CRTVG

Buscar

O Deportivo reclamará diante da Federación por aliñación indebida do Estremadura

Publicado o 12/07/2020 23:41
O Deportivo reclamará diante da Federación por aliñación indebida do Estremadura

O Deportivo decidiu presentar unha reclamación por unha posible aliñación indebida do Estremadura por un lance acontecido no segundo tempo.

O regulamento fala de que ten que haber sete xogadores profesionais no terreo de xogo durante o partido. O Estremadura estaba cos sete xustos e catro xogadores con ficha do filial cando, durante 19 segundos, o partido retomouse cun dos xogadores con ficha do primeiro equipo, Airam Cabrera, estaba sendo atendido na banda.

Foron uns 20 segundos os que tardou en volver ao campo, circunstancia que os servizos xurídicos do Deportivo consideran que podería constituír unha aliñación indebida.