CRTVG

Buscar

O Deportivo recibe o Cádiz nun partido con sabor a promoción

Publicado o 11/05/2019 16:18

Mentalidade positiva é o que se respira no vestiario deportivista. Os de Martí chegan con boas sensacións tras dúas vitorias consecutivas fóra da casa. Mañá reciben un Cádiz nun partido con sabor a play-off.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "É un dos cinco que nos quedan, sabendo da importancia que teñen porque a marxe de erro cada vez é menor e a importancia que cobra sabendo que se ti sumas, o rival, que é un rival directo, non o vai facer"

Riazor resísteselle ao equipo brancoazul desde o 20 de xaneiro, último día no que conseguiron os tres puntos ante a súa afección. Para Martí, a bancada terá un papel clave mañá ante o Cádiz, un equipo que pode crear moitas situacións de perigo.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "Importantísimo o feito de que a afección estea co equipo, que nos leve polo aire cando falten as forzas e sexamos capaces nos momentos díficiles do partido darlle a volta a situación. Sabendo que temos un rival que defende moi ben para atacar mellor que é unha das súas grandes virtudes."

Martí, con todos dispoñibles, agás Krohn-Dehli, convocou 20 xogadores e deixa fóra a Dubarbier, Vítor Silva, David Simón e Didier Moreno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019