CRTVG

Buscar

O Deportivo recibe o Alcorcón nun crucial mes de marzo

Publicado o 03/03/2019 20:12

Natxo González non quere distraccións nin falar a medio prazo, o primeiro paso é gañarlle ao Alcorcón neste crucial mes de marzo. O técnico vasco medita sobre o once titular, onde a novidade podería ser Nahuel.

Natxo González: "Despois de estas dúas semanas frustrantes pola sanción, con ganas de axudar o equipo e con certa frescura e ilusión para botarnos unha man".

O equipo continúa invicto en Riazor, malia que deixou escapar 10 puntos tras 5 empates. Natxo convoca a afección como un xogador máis.

Natxo González: "Desde a nosa parte vémonos obrigados a pedir ese soporte porque comeza a conta atrás e cada partido vai ser fundamental".

O Alcorcón comezou a temporada moi forte pero baixou o ritmo nos últimos encontros, leva 6 derrotas consecutivas lonxe da casa.

Natxo González: "Creo que é un equipo moi consistente, un equipo que ten moi claro e fai moi ben as cousas ás que dá prioridade. Agardo un partido moi pechado, moi longo".

O adestrador deportivista agardará a mañá para dar a convocatoria, tenos a todos dispoñibles, agás os mancados Krohn Dehli e Carlos Fernández.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019