CRTVG

Buscar

O Deportivo quere volver ser o equipo fiable de Riazor

Publicado o 09/03/2019 15:10

Recuperar a confianza ante a súa afección logo dos tres empates consecutivos en Riazor é o obxectivo dos de Natxo González. Para o técnico vasco a clave para volver gañar está na resistencia do equipo.

Natxo González "O máis importante é resistir, é o que lles digo eu. Aguantar, aguantar, aguantar... non nos desviemos do camiño porque aquí o que máis resista será o que se leve o pez a auga como se soe dicir"

Ante As Palmas os coruñeses deben corrixir os erros do último encontro ante o Alcorcón para non deixar escapar máis puntos.

Natxo González "Saber en cada fase como equipo que temos que facer en cada momento, nun comezo de partido como o outro día que non foi bo e un final de partido que foi o peor dos 90 minutos"

O técnico vasco sabe que os canarios chegan moi necesitados de puntos e cun novo inquilino no banco, Pepe Mel.

Natxo González "Sempre que hai un cambio de adestrador, sempre hai unha reacción como equipo, a nivel individual e a nivel colectivo. Un equipo con moi bos futbolistas e un equipo que cada vez ten menos marxe para o erro"
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019