CRTVG

Buscar

O Deportivo quere someter o Córdoba e selar o pase ao playoff de ascenso

Publicado o 07/06/2019 17:07

O Deportivo quere someter o Córdoba e selar o pase ao playoff de ascenso. Quen o diría hai varias semanas. Riazor será o bastión do deportivismo.

Non caben reservas. O Deportivo irá polo Córdoba dende o minuto ún. Amedrentar o rival. Esa é a mensaxe que calla no vestiario.

Os brancoazuis queren disputar a promoción. Contra quen, a estas alturas, parécelles o de menos.

Martí aínda non desbota a posibilidade de contar co goleador Quique González. Mañá faralle unha proba. Advirte, porén, que se hai dúbidas non arriscará.



 

Noticias web

07/06/2019