CRTVG

Buscar

O Deportivo quere recuperar en Oviedo a confianza na loita polo ascenso

Publicado o 31/03/2019 15:37

Recuperar a alegría do equipo da primeira volta, aquel que gañaba con contundencia aos seus rivais, aquel que goleara en Riazor ao seu rival desta tarde. Natxo González quere volver ver a mellor versión dos seus pupilos.

Natxo González "Tratando de buscar unha mellora individual para que o equipo flúa mellor, para que o equipo goce mellor e volver ver un Deportivo como vimos non fai tanto tempo"

No vestiario confían en regresar ao camiño da vitoria, hai pouco marxe de erro para achegarse aos postos de ascenso directo.

David Simón "Esta semana traballamos moito, moita confianza en nós mesmos e eu creo que como traballamos durante a semana temos que plasmalo no partido e conseguir os tres puntos"

O Oviedo pelexa por meterse no play off. Os de Anquela veñen con ansia de vitoria logo dunha derrota dolorosa no derbi asturiano.

Natxo González "Esa derrota máis que un problema creo que é un incentivo para eles cara este partido, aínda se uniron máis. Un equipo que sabe traballar moi ben"

Os brancoazuis poderían recuperar o famoso rombo, o sistema que lle dou moitas alegrías aos de Natxo González. Ademais contarán cun aliado, o regreso do ariete Carlos Fernández.
 

Noticias web

31/03/2019