CRTVG

Buscar

O Deportivo precisa rachar diante dun Raio en forma a serie de seis partidos sen gañar

Publicado o 20/06/2020 12:41

O peso da responsabilidade non mingua a confianza de Vázquez aínda que bota moito en falta o alento da bancada. Non só a ausencia de público, o calendario non está a ser equitativo porque no último partido o Oviedo tivo dous días máis de descanso. Tamén cre que algúns dos seus xogadores deixaron o punto de forma no confinamento como por exemplo Emre Çolak.

Caso distinto é o de Borja Valle. O seu representante cre que non xoga por non ter renovado e Vázquez considera que insinuar que hai algo extradeportivo "é moi atrevido, por non dicir outra cousa". O de Castrofeito debe dar cos adecuados contra o Raio para superar a serie de seis partidos sen gañar diante dun rival que vai lanzado polo ascenso.

Noticias web

20/06/2020