CRTVG

Buscar

O Deportivo pon fin á segunda etapa de Fernando Vázquez no club

Publicado o 11/01/2021 22:22

O Deportivo pon fin á segunda etapa de Fernando Vázquez na Coruña. O detonante foi a derrota en Zamora e sobre todo a pobre imaxe que ofreceu o equipo.

Vázquez, tras a derrota en Zamora: "Tiñamos moitas baixas, pero non é escusa. Foi bastante pobre".

Acabou a primeira volta e o Deportivo é segundo, a cinco puntos do líder. Aínda que os tres primeiros van directos á pugna polo ascenso, a dirección ou a propiedade do club non o viron claro. As primeiras críticas xurdiron coa primeira derrota ante o fillial do Celta en Riazor, para sorpresa de Vázquez.

Vázquez, tras a derrota co Celta B: "As críticas parécenme esaxeradas".

Pasou apenas un ano do regreso de Fernando Vázquez para intentar o que parecía un imposible, evitar o descenso a Segunda B nun equipo afundido na clasificación. Foi recibido con entusiasmo polo groso do deportivismo.

Vázquez: "Tampouco quero que me vexan como un mago. Eu quería volver ao Deportivo. Sempre o dixen".

Cunha remonta espectacular, estivo a punto de salvar a categoría, pero o final da liga torceuse ata chegar ao coñecido desenlace contra o Fuenlabrada. Vazquez defendeu o club na rúa e na sala de prensa.

Vázquez, despois do partido contra o Fuenlabrada: "Considero que o Deportivo é un equipo de Segunda A".

Quizais non foi a quen máis lle custou afacerse á categoría. Este luns Vázquez dirixiu o último adestramento. Non será quen devolva o Deportivo ao fútbol profesional, polo menos non esta temporada.

Noticias web

11/01/2021