CRTVG

Buscar

O Deportivo pon á venda as entradas para o derbi no Anxo Carro

Publicado o 13/05/2019 19:42
O Deportivo pon á venda as entradas para o derbi no Anxo Carro

O Deportivo visita o Anxo Carro a seguinte xornada de liga. O club puxo hoxe á venda preto de 800 entradas para o derbi. A Federación de Peñas dispón doutras 500, así que se agarda que arredor de 1.300 afeccionados acompañen o equipo este domingo en Lugo.

Os coruñeses, pendentes do que aconteza esta noite co Málaga, pelexan por manterse nos postos de promoción para o ascenso. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019