CRTVG

Buscar

O Deportivo pecha a pretemporada pendente dun dianteiro e dun porteiro

Publicado o 12/08/2017 15:05

O Deportivo pecha hoxe os amigables de pretemporada co Torneo Teide en Tererife. O que aínda non está pechado é o cadro de xogadores. 

Falta un dianteiro e na Coruña insisten en fichar un porteiro de nivel, que compita con Tyton e Rubén. Pero Pepe Mel dixo que só quere dous porteiros profesionais, que lle gustaría que o terceiro fose o fabrilista Francis así que, de confirmarse ese reforzo, sobrarían Tyton ou Rubén.

Rubén salientou que "as contas están claras... Se só quere dous e somos tres... Pero, é unha situación de futuro que non se pode controlar nin gastar forzas nela. Se chegamos a ese punto, xa veremos o que pasa."

Rubén xogou máis minutos ca Tyton na pretemporada, disputou o Teresa Herrera, o partido que, segundo Pepe Mel, definiría o equipo base do Deportivo, pero o porteiro de Coristanco aínda non se ve titular na liga.

Rubén explicou que "Tyton tivo problemas físicos e iso fíxome xogar un partido máis pero, ata agora, foi rotando e alternando, repartindo os minutos equitativamente e non creo que sexa un indicativo de quen vai xogar ou non ".

A pretemporada non lle serve a Rubén para tirar conclusións sobre o seu papel pero si para analizar os seus compañeiros.

O porteiro ve "o equipo ben. Temos un bo cadro, un bo equipo como conxunto pero tamén posto por posto, con xogadores de calidade e diferentes pero isto é fútbol e nunca se sabe... Podes ter un cadro boísimo e acabar baixando".

Este serán, derradeiro amigable da pretemporada en Tenerife. Sen o acabado de fichar Adrián nin Fede Valverde, cun proceso febril. O uruguaio vén de ser convocado por vez primeira pola selección absoluta do seu país para os partidos contra a Arxentina e Paraguai, valedoiros para a clasificación do Mundial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017