CRTVG

Buscar

O Deportivo non encontra o camiño e comezan a aparecer os nervios

Publicado o 30/09/2019 16:40

Os números nunca menten: unha vitoria en oito partidos. Catro empates consecutivos. As sensación tampouco enganan. O Deportivo semella un barco sen plan, sen rumbo, sen sangue, sen fútbol. O Mirandés puxo negro sobre branco as eivas dos de Anquela nunha primeira parte na que, agás dúas intervencións dos porteiros, non pasou nada. Corenta e cinco minutos no lixo.

Os acontecentos precipítanse co gol do Mirandés, no que De Sousa aproveita unha rocambolesca cadea de rebotes para incendiar Riazor.

Ao rescate acudiu con xenreira Mollejo, o máis enteiro no campo, nunha acometida de Eneko Bóveda para salvar o Deportivo do naufraxio total.

Mensaxe de esperanza que Riazor non comprará mentres o Deportivo non saia da zona de descenso. Un pesadelo que pon en cuestión todo e a todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019