CRTVG

Buscar

O Deportivo necesita gañar para engancharse ao play-off

Publicado o 18/05/2019 15:14

Penúltima sesión de adestramento esta mañá en Riazor a porta pechada antes do derbi. Martí ten a todos dispoñibles, coa única dúbida do capitán, Alex Bergantiños.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "Evidentemente imos agardar a mañá na última sesión de adestramento aínda que sexa unha sesión suave para despexarnos e marchar para Lugo. Imos ver como se encontra, respondeu moi ben e da a sensación de que vai poder estar"

O Deportivo afronta este derbi como a primeira das catro finais polo ascenso. Un derbi de urxencias para os dous equipos.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "Non nos importa outra cousa que non sexa o noso equipo, sabendo que temos un obxectivo de aquí a final de temporada, pensando só neste partido en conseguir os tres puntos e evidentemente eles tamén teñen as súa necesidades"

Os brancoazuis non estarán sós no Anxo Carro. Prevese o desprazamanto de máis de 1.500 seguidores deportivistas.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "Con moitísima ilusión cando tes todos eses afeccionados que veñen apoiarte para nós é moi importante. Transmitirlle esa alegría de conseguir os tres puntos, é importante volver gañar e independentemente de que sexa ou non un derbi, a necesidade é a mesma"

José Luis Martí agardará a mañá para dar a lista dos 18 convocados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/05/2019