CRTVG

Buscar

O Deportivo Liceo sumou o décimo triunfo seguido

Publicado o 23/11/2019 13:52


Dez partidos e dez vitorias. O Deportivo Liceo igualou a súa marca histórica nun inicio ligueiro. Marca que conseguíu o equipo coruñés na temporada 91-92. E quen podía imaxinalo cando este verán o conxunto adestrado por Juan Copa emprendeu unha revolución total no seu cadro de xogadores. Pero o traballo de conxunción deu os seus froitos e os resultados superan as mellores expectativas. O adestrador, Juan Copa, dí que eles  persiguen cada semana traballar na pista e gañar cada partido e que non persiguen nada máis. É certo que a todos gustoulles chegar a esa cifra que se conseguíu hai tantos anos. E felicita a todos e aos xogadores porque é unha cantidade seguida de partidos gañando moi importante.
O Xirona xogou onte en Riazor con varias baixas importantes, e o Liceo aproveitou para lograr unha goleada de escándalo. Dez a un para o décimo triunfo. Catro a cero ao descanso. Encontro sentenciado e a seguir gozando nunha segunda metade na que seguiron caendo os goles. Tres deles obra de Fabrizio Ciocale. Roberto Di Benedetto, Dava Torres e Marc Grau fixeron dous, e Maxi Oruste un. O Deportivo Liceo continúa ilusionando aos seus afeccionados esta temporada.

Noticias web

23/11/2019