CRTVG

Buscar

O Deportivo Liceo perde tras dez triunfos consecutivos

Publicado o 30/11/2019 20:18


E terminou a xeira de triunfos do Deportivo Liceo na OK Liga. Logo de dez vitorias consecutivas, o equipo couñés perdeu na pista dun Taradell que loita pola permanencia.
Catro a tres foi o resultado final dun partido no que os de Juan Copa foron sempre por detrás no marcador. Os tantos de Marc Grau, Dava Torres e Maxi Oruste non foron suficientes. Un gol de Xavier Soler a dez minutos do final foi definitivo. Malia todo, o Liceo segue de líder con tres puntos de vantaxe sobre o Barça.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019