CRTVG

Buscar

O Deportivo Liceo gaña en Italia na estrea da Euroliga

Publicado o 20/10/2019 11:39

Así celebraban os xogadores do Deportivo Liceo o seu triunfo na estrea da Euroliga. O equipo de Juan Copa asaltou a pista do Forte dei Marmi e logrou tres puntos valiosísimos para inaugurar a fase de grupos. O encontro foi máis igualado do que di o dous a seis final. Ao descanso chegouse con empate a un, logo dos goles de Platero para o Liceo e de Martí Casas para o conxunto italiano. O resultado reflectía o que estaba a suceder na pista. 

O inicio do segundo tempo foi complicado para os galegos. Ambrosio transformou un penalti que lle daba vantaxe ao Forte dei Marmi. Pero pouco a pouco os liceístas foron impoñénse táctica e físicamente. Tras o empate conseguido por Marc Grau ao desvíar un disparo de Facu Bridge, apareceu o capitán Dava Torres para amosar o seu acerto goleador cun lanzamento de penalti que poñía o dous a tres no marcador. Un gol que afundiu moralmente aos locais. Desde ese intre, o conxunto coruñés foi aproveitando o desgaste do seu rival e aumenou a súa vantaxe cun gol máis de Marc Grau e dous de Dava Torres en contragolpes perfectamente executados na recta final do choque.

O Deportivo Liceo segue lanzado neste inicio de temporada. Líder na OK Liga e na máxima competición europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019