CRTVG

Buscar

O Deportivo inicia a pretemporada con Miku pero sen Borja Galán

Publicado o 13/07/2021 10:44

Paseniño todos os equipos van poñendo a maquinaria en marcha, tamén o Deportivo da Coruña, que inicou en Abegondo a tempada na nova Primeira federación, antiga segunda B.

E vemos por primeira vez en acción a Borja Jiménez, novo adestrador, que ten a difícil misión de ascender a Segunda. Hoxe recibiu a boa nova da continuidade de Miku, o xogador venezolano foi o máximo goleador na pasada campaña. Renova por un ano máis. Non contará Jiménez con Borja Galán, que deixa o equipo. E non se desbota que haxa máis baixas importantes de aquí ao comezo da liga, previsto para a última fin de semana de agosto.

 

Noticias web

13/07/2021