CRTVG

Buscar

O Deportivo iguala o seu peor récord histórico

Publicado o 02/12/2019 20:44

Tres meses e medio sen gañar, máis de cen dias, dezasete xornadas sen unha vitoria. O Deportivo iguala o seu peor rexistro histórico. Ponse á par do da temporada 87/88 na que salvou os mobles cun agónico gol de Vicente Celeiro no minuto 92 do último partido da campaña

"Se eu veño aquí á rolda de prensa e digo que somos moi malos e que a cousa non sae, que damos pena e que non lle imos gañar a ninguén, estaría a tirar pedras sobre o meu tellado. Si que caemos no desánimo total pero ao final é a nosa vida, é o noso traballo, somos profesionais e á mañá seguinte temos que nos erguer", asegura Borja Valle.
 

Agora que o Deportivo freou a sangría de goles en contra, non encaixou nos dous últimos partidos, a seca chega ao ataque: hai máis de 300 minutos que non celebra un gol
"Eu o que quero é que a este equipo un gol lle chegue para non perder, iso é o que quero. O que pasa é que non estamos metendo nin ese gol", apunta Luis César.

Os rexistros negativos que tamén tocan de cheo a Luis César. Sen unha soa vitoria nos seus oito primeiros partidos, equipárase a Clarence Seedorf, que hai dous anos tardou nove xornadas en coñecer o triun. A posición do técnico é tan inestable coma a dun equipo que devece por solucións, internas ou de fóra. "Se ao final, cos 20 ou 25 xogadores que tes, non dan o nivel ou non saen as cousas e vas aí abaixo terás que cambiar pezas" sinala Valle.

Mentres,a liña da salvación vaise a seis puntos de distancia e no horizonte adivíñanse as orellas do lobo

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019