CRTVG

Buscar

Bos días

O Deportivo golea o Corinthians (7-0)

Publicado o 06/10/2017 09:55
A vitoria do Deportivo no seu amigable foi moito máis contundente. Gañoulle 7-0 ao Corinthians.


Os brasileiros conformaron un equipo cheo de xogadores novos, pero tamén o Deportivo contou con futbolistas das categorías inferiores. De feito Óscar Pinchi marcou o primeiro no minuto 41. No segundo tempo sucedéronse os tantos de Albentosa, en dúas ocasións; Borja Valle, tamén con dous tantos; Edu Expósito e Luisinho... Tratábase dun partido solidario. Os fondos recadados, máis de 38 mil euros, van para o banco de alimentos da Coruña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017