CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Deportivo golea o Corinthians

Publicado o 06/10/2017 15:23

Imos co amigable de onte en Riazor. O Deportivo fíxolle 7 goles ao Corinthians.

Os brasileiros conformaron un equipo cheo de xogadores novos, pero tamén o Deportivo contou con futbolistas das categorías inferiores. De feito Óscar Pinchi marcou o primeiro no minuto 41.

No segundo tempo sucedéronse os tantos de Albentosa, en dúas ocasións; Borja Valle, tamén con dous tantos; Edu Expósito e Luisinho... Tratábase dun partido solidario. Os fondos recadados, máis de 38.000 euros, van para o banco de alimentos da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí