O Deportivo foi superior a tres candidatos ao ascenso que pasaron por Riazor
Publicado o 09/10/2018 17:30
E despois do paso de tres candidatos ao ascenso por Riazor, o Sporting, o Granada e o Málaga, a confianza do Deportivo aumenta. O xogo despregado e o bloque formado animan un vestiario que ata hai poucos meses era un centro de frustracións.
Dúas vitorias e un empate e a sensación de que o proxecto Natxo González funciona...O Deportivo superou con boa nota o cara a cara cos rivais máis potentes.
E o máis positivo. No vestiario instálase a crenza de que o mellor aínda está por vir.
A seguinte pedra no camiño poñeraa o Elxe o venres. O club loita nos despachos por salvar a Quique González da sanción tras a súa polémica expulsión do domingo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí