CRTVG

Buscar

O Deportivo feminino presenta o equipo co que disputará a máxima categoría

Publicado o 31/07/2019 16:37

Este mércores presentouse nas instalacións de Abanca o equipo feminino do Deportivo, que esta campaña xogará na máxima categoría. O equipo que adestra Manu Sánchez reforzouse para un ano ilusionante no que se vai medir a equipos como o Barcelona, o Atlético, a Real Sociedade ou o Athletic de Bilbao, conxuntos consagrados na categoría.

O Deportivo está con partidos amigables, de feito esta tarde xoga un encontro da Copa Federación e este sábado vai a Astorga. O sábado 10 xogará en Riazor o Teresa Herrera co Betis.

Noticias web

31/07/2019