CRTVG

Buscar

O Deportivo fala de "atropelo sen precedentes" e iniciará o camiño da "verdadeira xustiza"

Publicado o 27/08/2020 20:33
O Deportivo fala de "atropelo sen precedentes" e iniciará o camiño da "verdadeira xustiza"

Nun comunicado o Deportivo expresou a súa desconformidade coa resolución do CSD. O club coruñés fala de "atropelo sen precedentes á competición e ao Real Club Deportivo". 

Con graves acusacións á Liga e mesmo ao propio CSD: "Facer as cousas con coherencia e corrección do primeiro ao último momento parece que non funciona nun sistema que intercambia apoios por prebendas". 

Polo tanto, o Deportivo decidiu ir á xustiza ordinaria: "Hoxe vémonos obrigados a iniciar outro longo camiño, o da verdadeira xustiza, a que se lle está negando ao Real Club Deportivo".