CRTVG

Buscar

O Deportivo esgota as entradas para os partidos decisivos ante Rácing e Cádiz

Publicado o 13/01/2020 20:01

A Copa apenas deixou resaca no Deportivo. Dada a situación do equipo, as prioriadades están claras. A semana presenta dous partidos na casa que poderían achegar os brancos e azuis á zona de permanencia. Vital o primeiro, diante do inmediato predecesor na Liga, o Racing de Santander. De xeito que Vázquez lamenta a eliminación, pero non chora pola Copa perdida.

"Gustaríame gañar porque canto máis gañas, máis fácil é gañar o seguinte, esa ledicia do equipo de non perder. Poderiamos dicir que tampouco perdemos durante os 90 minutos pero o vital, o importante é o partido do xoves e o partido do domingo".

O chamamento de Vázquez á afección foi ben acollido polos seareiros. Antes do Nadal Riazor viviu a súa peor entrada en anos. Tres semanas despois, están prácticamente esgotadas as localidades de público para as dúas citas inminentes.

Noticias web

13/01/2020