CRTVG

Buscar

O Deportivo estréase en Riazor cunha vitoria no 93 ante o Spórting

Publicado o 10/09/2018 21:48

E na Segunda División, onte foi a quenda do Deportivo. Primeiro partido na casa e tres puntos ante o Sporting de Xixón. A vitoria chegou no tempo engadido grazas a unha cabezada de Pablo Marí. Os coruñeses dominaron un encontro en que dispararon ata 17 veces a porta por ningunha do rival. 

E será este mércores cando o Deportivo inicie a súa andaina na Copa do Rei. Partido único ante o Zaragoza. Non estarán os lesionados Quique González e Borja Valle, e tampouco Christian Santos, concentrado coa súa selección. O grupo adestrouse esta tarde en Abegondo. O vestiario cre que esta competición servirá para que acaben de poñerse a punto. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018