CRTVG

Buscar

O Dépor vence o Langreo cunha grande actuación dos fabrilistas (3-0)

Publicado o 06/08/2018 09:56

O Deportivo acaba de gañar o Langreo en Viveiro. Alí actuaron algúns futbolistas que igual non seguen por Abegondo.É o caso de Celso Borges, de Fede Cartabia ou de Krohn Dehli. Foi o dinamarqués quen colocou un centro medido que transformou Borja Valle. No segundo tempo Nacho González deulles unha oportunidade a varios fabrilistas e estes marcaron dous goles. Diego Caballo no minuto 71 e Uxío no 75. O lugués celebrou o gol con Mosquera. Nestas semanas veremos quen queda e quen marcha do Deportivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2018