O Deportivo deixa escapar dous puntos no derradeiro minuto da compensación
Nada mellor que a faciana de Villares ou xesto de Miku ao acabar o partido para resumir o que foi este Deportivo- Logroñés. Nada mellor que a resposta da afección e o esforzo do adestrador, na sala de prensa, por manter o sorriso.
"Non estou abatido pero ao final, empatáronos no 95 e aínda non o dixerín", comentou Borja Jiménez.
O que pasou foi que o Deportivo marchou coa sensación de ter regalado dous puntos. Porque durante 60 minutos tivo o balón e controlou o partido. Foi mellor co rival e mesmo tomou vantaxe aos 18 minutos logo dunha bonita acción entre Mario e Hector que acabopu con remate de Miku. Moito está a dar esa banda esquerda. Nesa primeira hora de xogo, o Deportivo puido golear, pero deixou con vida ao rival. Observen o que falla Quiles.
A partires do minuto 60, foi outra cousa. Porque perderon a posisión, o dominio e -cansos-, fóronse metendo atrás. O Logroñes comezou a rondar a meta de Makay. E nos centros laterais e nos balóns parados comezou a inquedar. Nun deles cando o reloxo marcaba xa o 94, o último minuto da compensación, Ledo acertou a anticiparse a Héctor pra empata-lo choque. 1-1. Tropezo en Riazor. Tropezo que deixa esa sensación amarga do que sabe que deixou fuxir o triunfo.