CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca dá a cara malia perder 4-1 co Atlético de Madrid

Publicado o 04/11/2019 08:31

Non perdía desde o 25 de marzo de 2018

Desde o 25 marzo de 2018 non perdía o Deportivo. E foi na casa do Atlético de Madrid, vixente campión de Liga. O maior contratempo para as galegas foi recibir o primeiro gol moi cedo. Marcou Duggan no minuto 17.

As xogadoras de Manu Sánchez mantiveron o tipo pero recibiron dous goles psicolóxicos nos últimos minutos da primeira parte. A sevillana Ángela Sosa fixo o 2-0 no minuto 41 cun gran disparo e outra vez Toni Duggan pechou o partido no 45 coa colaboración de Misa, dous goles asinou a británica chegada do Barcelona.

Estaba todo decidido pero as xogadoras do Deportivo non baixaron os brazos e lograron marcar no 58. Gol da central asturiana María Méndez tras saque de corner.

A goleada das madrileñas certificouse a oito minutos do final. O Atlético marcou no contragolpe. Gol da mexicana Charlyn Corral tras unha cesión de Sosa.

En Alcalá de Henares, e con presenza de moitos afeccionados deportivistas, primeira derrota do Deportivo que baixa ata o terceiro posto.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019