O Deportivo confirma a destitución de Anquela
Moitos pedían o seu cesamento, e finalmente os números do equipo fan que Anquela deixe de seguir á fronte da nave branca e azul. Anquela aguantou dez xornadas no cargo e foi vítima dos malos resultados conseguidos polo equipo. Deixa o Deportivo en postos de descenso con só 8 puntos, unha única vitoria e 17 goles encaixados. Un adestrador intenso, que vivía e sufría en cada partido e que non soubo atopar o xeito de reconducir a situación. O Deportivo facía oficial o seu despedimento pasadas as 7 da tarde.
Anquela é o primeiro adestrador que perde o posto en Segunda. Foi o punto de mira durante moitas xornadas, pero ata onte mesmo Anquela aguantaba e non desistía. Estaba sufrindo coma nunca, pero nunca se rendeu.
Juan Antonio Anquela deja de ser entrenador del Real Club Deportivo https://t.co/OJhUVRcfgB pic.twitter.com/wAEbGAr1wX
— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 7, 2019