CRTVG

Buscar

O Deportivo compite, pero acaba perdendo coa Ponferradina o Teresa Herrera (1-2)

Publicado o 08/08/2021 22:06

O novo Deportivo de Borja Jiménez presentouse diante da afección no Teresa Herrera. O prestixioso trofeo levouno a Ponferradina, que gañou por 1-2. Un gol contra o final da primeira parte de Edu Espiau e outro nada máis comezar a segunda metade de José Naranjo foron chave para o triunfo berciano. Miku recortou diferenzas (minuto 66), pero o Deportivo xa non foi quen de lograr o gol do empate. 

Noticias web

08/08/2021