CRTVG

Buscar

O Deportivo supera con sufrimento o El Ejido (1-0)

Publicado o 17/12/2020 19:09

Vázquez apenas fixo rotacións e colocou no equipo titular futbolistas como Boveda, Mujaid, Borja Granero, Borges, Bergantiños ou Beavue. Foi unha versión gris do Deportivo. E iso que marcou aos 12 minutos cando Héctor Hernández pechou unha xogada de Lara.


Claro que o escenario complicouse cando no minuto 34 foi expulsado Borja Granero por deter con falta un contragolpe de Etxaniz. Dende ese momento, mellorou e apretou El Ejido.

Un tiro de falta de Sergio Pérez.Un lanzamento de Adrian Cova coa estarricada de Lucho García.
E outro disparo de Sergio Pérez tamén con boa resposta na portería.

Superados eses minutos de sufrimento, o equipo galego fechou o primeiro tempo cun balón ao poste de Rui Costa.

O Deportivo desartellouse na segunda metade, curiosamente malia ser expulsado aos cinco minutos o visitante Javi Rosa por dobre cartón. Pero é que a partir daí vexan:un testarazo de Parla e un canonazo de Sergio Pérez. E queda para a polémica dous goles anulados polo árbitro: o primeiro por fóra de xogo de Sergio Pérez, erro do colexiado porque a posición é correcta; o segundo por un pequeno contacto de Etxaniz a Mujaid.

Estaba o Deportivo esmagado. Vázquez meteu no campo a Miku para xogar o últuimo cuarto de hora. E o dianteiro estragou tres boas ocasións: tres remates cómodos pero malos para un Miku que reaparecía logo dunha lesión muscular e que, según confirmou Fernando Vázquez, tivo unha recaída e volveu mancarse, unha mala nova dentro dunha cativa tarde que finalizou cun testarazo de Etxaniz no derradeiro minuto dunha eliminatoria superada polo Deportivo.

 

Noticias web

17/12/2020