O Deportivo enfrontarase ao Real Madrid na semifinal da Copa de Campións xuvenil
Publicado o 20/06/2021 14:48
O Deportivo xuvenil superou unha situación límite logo de ir perdendo por 2-0 ante As Palmas. A falta de 7 minutos para o final, Noel marcou o gol do empate e levou o partido á prórroga. No tempo suplementario non houbo goles e a eliminatoria decidiuse na quenda de penaltis. O heroe foi Brais, o porteiro do Deportivo, que parou dous lanzamentos e deixou a UD nun só disparo transformado.