CRTVG

Buscar

O Deportivo busca a terceira vitoria consecutiva

Publicado o 02/02/2019 14:09

O triunfo en Xixón reforzou a confianza do Deportivo que esta noite buscará lograr en Riazor a terceira vitoria consecutiva por primeira vez no que vai de temporada

Edu Expósito "Esas dúas vitorias foron moi importantes para nós e sabemos que agora temos que facer bos eses tres puntos que conseguimos en Xixón"

En fronte un Tenerife, con José Luís Oltra no banco, moi reforzado no mercado invernal. Os canarios levan dous partidos sen perder pero aínda non conseguiron gañar como visitantes.

Edu Expósito  "Ten xogadores moi bos ofensivamente e reforzáronse moi ben neste mercado de inverno e vánnolo poñer díficil"
Natxo González "É un equipo cun mediocampo que me gusta moito, imos pillar un equipo que está no seu mellor momento da temporada e xogamos como locais polo que temos que tratar de impoñer a nosa idea"

Fede Cartabia, que arrastrou problemas físicos esta semana, entrou na convocatoria, así como o fabrilista Jonathan Montiel e o chegado hai pouco Nahuel, a nova fichaxe dos brancoazuis podería debutar esta noite en Riazor.
 

Noticias web

02/02/2019