CRTVG

Buscar

O Deportivo apura os últimos días para poder fichar

Publicado o 28/01/2020 14:28

Cinco fichaxes leva o Deportivo neste mercado de inverno. Porén, a tres días do remate do prazo, aínda lle queda moito traballo para cumprir os obxectivos fixados de partida.

Para iso ten que facer oco, liberar fichas, dar de baixa polo menos dous ou tres homes máis. Beto e Longo seguen na rampla de saída, pero de momento non se atopou acomodo a ninguén. Así que obxectivos coma Insua ou Borges seguen á espera. Vázquez agarda noticias e lembra que os que cheguen precisan tempo para render.

Así e todo, o técnico xa contou con Colak, Sabin Merino, Beauvue e Uche Agbo. Deles, Vázquez, só ten dúbidas sobra o estado físico do africano. En particular, o turco e o vasco están a exhibir con xogo e goles un gran momento de forma.

Noticias web

28/01/2020