CRTVG

Buscar

O Deportivo aposta por Ola John para substituír a Babel

Publicado o 11/01/2017 15:05

Xogador de banda, destro; extremo con gol. John, de 24 anos, xogará no Deportivo ata final de temporada, cedido sen coste polo Benfica

Marchou Babel, e o Deportivo aposta por outro atacante holandés como primeiro reforzo no mercado invernal. Chámase Ola John.

Xogador de banda, destro; extremo con gol. John, de 24 anos, xogará no Deportivo ata final de temporada, cedido sen coste polo Benfica.

Ata o de agora militaba no Wolverhampton, equipo da Segunda División inglesa. A súa explosión como xogador tivo lugar no Twente hai tres temporadas, onde asinou 8 goles e 15 asistencias. O acordo entre as partes é total. Agárdase a súa xhegada nas próximas horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017