CRTVG

Buscar

O Deportivo agarda poñer fin á súa peor semana e recuperar folgos diante do Alcorcón

Publicado o 23/11/2019 11:58

A derrota en Almendralexo foi a gota que encheu o vaso, tanto do adestrador Luis César: "Hai que replantexarse todo o que estabamos facendo porque non imos polo camiño axeitado". E tamén dos afeccionados.

Toda unha semana para recuperar no anímico a un grupo afundido. Luis César: "Temos mal a cabeza porque perdemos. E entón en que incidimos, en poñer ben a cabeza ou en facer cousas para non perder?". Mollejo: "Os vulnerables somos nós así que como se ven o líder, imos sair coas mesmas gañas ao campo". Peru: "Xa chega de falar, de dicir o que pensamos. Hai que actuar".

E cunha enfermidade e unha diagnose moi claras. Luis César: "O que nos fai sufrir son 29 goles en contra. Non podes chegar á xornada 32 con 58 goles en contra. Estarías descendido".

Esa verba, a do descenso, que comeza a preocupar. Luis César: "Tempo hai, cada vez menos. Non queda moita liga, iso é unha mentira".

Veremos se o Alcorcón significa un punto e aparte para converter os apupos .... en aplausos e comezar un novo camiño nesta liga.
 

Noticias web

23/11/2019