CRTVG

Buscar

O Deportivo afronta como unha final o partido ante o Estremadura

Publicado o 20/04/2019 14:46

O Deportivo de Martí debutara mañá en Riazor. Escenario no que o equipo se adestrou esta mañá a porta pechada e onde leva tres meses sen conseguir unha vitoria. O técnico balear ve os seus pupilos concienciados da importancia de conseguir os tres puntos este domingo.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "Teño os meus moi concienciados da importancia de cada acción, de cada xogada, de cada partido e nese sentido afrontamos o partido con moita confianza independentemente do rival"

Ante o Estremadura de Manuel Mosquera, Martí quere un Deportivo ambicioso, valente e cun único obxectivo: gañar.

José Luis Martí, adestrador do R. C. Deportivo "Ser un equipo moi vertical, xerar moitas ocasións, ter a capacidade de ser un equipo agresivo á hora de finalizar e recuperar. Estou moi convencido no nivel que me mostraron durante estes días que o equipo vai ser moi valente, agresivo e que vai ir pola vitoria e que a vai levar"

Fede Cartabia está recuperado e é a gran novidade na lista de convocados, da que caeron por decisión técnica Vicente, Saúl, Dubarbier e Iñigo López.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019