CRTVG

Buscar

O Deportivo abre hoxe coa UD Sanse a xornada galega da Primeira Federación

Publicado o 16/10/2021 13:59

O Deportivo abre esta tarde a participación galega na oitava xornada da Primeira Federación. As sete en Riazor, e ante o San Sebastián de los Reyes, os de Borja Jiménez intentarán volver ao camiño dos triunfos. O canteirán Trilli regresa á convocatoria. Os malos resultados dos últimos encontros non parecen preocupar en exceso ao adestrador deportivista.

O domingo ao mediodía será a quenda do Rácing e o Celta B. O filial celeste, instalado no grupo de equipos que están preto da cabeza, visita ao segundo clasificado, o Raio Majadahonda. Os de Onésimo veñen de lograr catro triunfos nos cinco últimos partidos.

Un sitio mellor é o que busca o Rácing, que suma só oito puntos. Cristóbal Parralo perde a David Rodríguez, pero recupera a Yeferson Quintana, Íñigo Alayeto e Juan Viacava para visitar ao pechacancelas, un Tudelano que cambiou de adestrador esta semana. Carlos Pérez substitúe a Javier Olaizola.

Pois xa veremos se os equipos galegos teñen as ideas claras nesta xornada.

Noticias web

16/10/2021