CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca xa coñece os seus rivais para a fase de ascenso

Publicado o 23/04/2019 19:33

O Deportivo feminino xa coñece os seus rivais na fase de ascenso á liga Iberdrola. As coruñesas mediranse co Alhama de Murcia na primeira eliminatoria. A ida disputarase alá esta mesma fin de semana. A volta a seguinte en Abegondo. O vestiario, que agarda resolver a eliminatoria no primeiro asalto, confía na asequibilidade do rival.

"Non queriamos que nos tocase o Santa Teresa nin o Tacón, así que, dentro do difícil que vai ser, é un rival bastante bo. Oxalá poidamos resolvelo xa alí, sería un puntazo, e se non pechala canto antes en Abegondo coa nosa afección. Coido que somos o rival a bater polos bos números que temos, pero ese cartel ten un dobre fío, que todo o mundo quererá gañarnos", recoñece María Miralles, porteira do Deportivo Abanca.

Se gañan as murcianas, o seguinte rival será o gañador do emparellamento canario entre o CD Femarguín, de Arguineguín, e o CD Juan Grande, de San Bartolomé de Tirajana.

Noticias web

23/04/2019