CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca volve xogar en Abegondo un mes despois e logo de dúas derrotas

Publicado o 30/11/2019 11:33

O Deportivo Abanca volverá a xogar como local un mes despois. O partido contra o Logroño foi adiado pola folga e nese tempo tamén lle tocou afrontar as dúas saídas máis difíciles da liga, diante do Atlético e do Barcelona. O domingo, ás 11.45, recibe en Abegondo o Sevilla coa ilusión de manterse na terceira posición pero coa incerteza de comprobar o rendemento das xogadoras logo dun mes atípico. 

Como recoñece Manu Sánchez, adestrador do Deportivo Abanca: "Si que é certo que teño incertidume de como vai responder no campo o equipo. Hai fame por sair mañá a xogar e atoparnos coa nosa afección. Intentar recuperar boas sensacións, que os últimos 20 minutos en Barcelona deixáronnos moi satisfeitos e devolver o apoio da nosa xente cun bo triunfo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019