CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca vence un derbi moi tolo e duro diante do Friol Lugo (2-3)

Publicado o 13/01/2019 18:15
O Deportivo Abanca vence un derbi moi tolo e duro diante do Friol Lugo (2-3)

O Deportivo Abanca avanza con paso firme no seu camiño cara ao título de liga no grupo primeiro da Segunda División feminina. Este domingo medíase co Friol Lugo, o único equipo que foi capaz de quitarlles puntos ás deportivistas na primeira volta.

O partido foi igualado e duro, como se agardaba, pero as coruñesas puxéronse por diante grazas a dous tantos de Gaby, antes do descanso, e de Tere Abelleira.

A reacción do Friol Lugo chegou con 0-2 no marcador. Primeiro Goretti, cunha espectacular falta directa, e despois Fany Varela, aos cinco minutos, puxeron o 2-2 no marcador. 

Pouco durou a reacción luguesa. Peke, no minuto 77 de partido, levou o derbi á cidade herculina e puxo o 2-3 definitivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019