CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca - Valencia de Copa xogarase en Riazor o 11 de febreiro

Publicado o 01/02/2020 11:58
O Deportivo Abanca - Valencia de Copa xogarase en Riazor o 11 de febreiro

O partido que van disputar o Deportivo Abanca e o Valencia o vindeiro martes 11 de febreiro xogarase no campo de Riazor. O partido é un dos de oitavos de final da Copa da Raíña. Así o confirmou o club coruñés nun comunicado no que tamén anunciou que todos os socios poderán acudir gratis o partido. Os que non sexan socios terán unha entrada simbólica de dous euros e a recadación irá destinada á Cociña Económica. 

Noticias web

01/02/2020