O Deportivo Abanca ten que lidar cun andazo de papeiras
O Dépor Feminino visita este domingo o campo do líder, o Barcelona. E, ademais, están tendo que lidar cun serio contratempo: un andazo de papeiras. De momento, hai tres xogadoras afectadas: Esther Sullastres, Laura Vázquez e María Méndez. Perderán o partido do Barcelona e, probablemente, o seguinte.
Tamén hai afectados dous xogadores do Fabril e algúns rapaces das categorías inferiores: "Agardemos que non sexan máis as que teñan esa enfermidade e que as que a teñan, que volvan xa e a esperar. Pero tampouco hai que volverse tolos. As que a teñen, deben quedar na casa e tentar beber de distintas botellas, pero é difícil, porque é o mellor escenario para contaxiarse. Porque entre que bebemos todas xuntas, duchámonos... Compártese todo. É difícil", di Tere Abelleira.