CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca, sen medo ante o Barça feminino na copa

Publicado o 25/02/2020 19:07

A goleada ao Valencia nos oitavos de final; a malleira ao Sporting Huelva no último partido de Liga; o gran momento de Peke, dez goles nos tres últimos partidos..., o Deportivo busca argumentos nos que asentar un soño: eliminar da Copa ao gran favorito, o intratable Fútbol Club Barcelona, e na súa casa
"Imos á casa do mellor equipo que hai agora mesmo no país, que está nun moi bo momento de forma. Imos con moi pouco que perder e moita ilusión e a tentar dar moita guerra alí", anuncia Manu Sánchez, o adestrador do equipo herculino. Athenea del Castillo engade: "Agora xa imos polo Barça. É sorte, tocouche con quen ninguén quere bailar pero nós ímolo dar todo por tentar levar a vitoria e quen sabe se dar esa sorpresa no Johan Cruyff"

Na Liga as coruñesas caeron con claridade en Barcelona, pero é ben sabido que a Copa, e máis a partido único, é o torneo das sorpresas












 

Noticias web

25/02/2020