CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca segue sen arrincar e suma a cuarta derrota

Publicado o 31/10/2020 15:03

O Deportivo Abanca non acaba de collerlle o xeito á competición e perdeu na casa diante do Santa Teresa de Badaxoz por 1-2.

Mal primeiro tempo das xogadoras de Manu Sánchez que encaixaron dous goles na media hora inicial (Mascaró e Belén Martínez). 

Na segunda parte o cadro deportivista mellorou cos trocos. Recurtou diferenzas aos oito minutos cun gol de Helena Torres pero non foi quen de acadar o empate. 

Noticias web

31/10/2020