O Deportivo Abanca precisa gañarlle ao Tenerife para seguir crendo na salvación
Publicado o 04/06/2021 12:18
O Deportivo feminino está a cinco puntos da salvación, a cinco puntos do Éibar e do Raio e quédanlle tres partidos. Mañá xoga as 13:30 contra o Granadilla Tenerife (sexto clasificado).
Mañá co Tenerife, despois visita o Betis e remata en Abegondo co Athletic. A gardameta Esther Sullastres ten claro cal ten que ser o obxectivo para seguir crendo na salvación: gañalo todo.
"Estamos competindo nas últimas 10 xornadas pero se cadra foi un pouco tarde", recoñece a porteira xironesa.
Foto: R. C. Deportivo