O Deportivo Abanca perde na última xogada do partido
O Deportivo Abanca non levanta cabeza. 6 derrotas en 6 xornadas, un inicio desastroso para as xogadoras de Manu Sánchez. Tampouco a sorte lle sorrí, ante o Sevilla perderon o encontro no último minuto. O equipo arrastra as baixas de xogadoras importantes no pasado verán, unha lousa pesada, e semella que as novas incorporacións aínda non están ben adaptadas
Manu Sánchez, adestrador do Deportivo Abanca "Estamos a arrastrar diferentes factores que non teñen que ser ningunha escusa, como poden ser as baixas ou mecanismos que temos interiorizados que non están a funcionar. Estamos a trocar moitos deles pero leva tempo para que as xogadoras o asimilen e as xogadoras novas entenden o que buscamos"
O obxectivo da permanencia complícase máis esta temporada xa que descenden da máxima categoría catro equipos. Pero polo de agora Manu Sánchez prefire non pensar niso.
Manu Sánchez Adestrador Deportivo Abanca "Nin por asomo estamos a considerar nada diso, estamos na sexta xornada do campionato e contamos con xogar toda a liga e estamos traballando para iso. Penso que é moi cedo para complicarse a vida."
Con 14 goles en contra, o Deportivo é o pechacancelas da categoría. Hai tempo para trocar a situación.