O Deportivo Abanca perde co Granadilla (5-3)
Publicado o 26/01/2020 20:44
Mal partido defensivo do Deportivo Abanca que non puido conseguir nada positico na súa visita ao campo do Granadilla Tenerife Sur. 5-3 foi o resultado final dun partido que se decidiu nunha pésima entrada de segundo tempo das xogadoras de Manu Sánchez.
Ao descanso, o marcador indicaba empate a un. Maya igualaba o tanto de Poljack, rematando unha xenial xogada de Athenea. Pero, tras o intermedio chegaron os goles canarios co protagonismo de Mari Jose, que fixo tres tantos. O outro foi de Villegas, a propia porta.
O Deportivo Abanca, cando menos, foi capaz de enxugar diferenzas. María Méndez fixo o 4-2 ao rematar un balón parado e o mellor gol da tarde chegou cunha vaselina de Kika.