CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca exhibe o seu potencial no campo do Español (0-3)

Publicado o 12/01/2020 11:12

O Deportivo Abanca segue amosando un magnífico rendemento na Primeira División feminina e gañou con autoridade no campo do Español. Dous temperáns goles de Gaby déronlle unha gran vantaxe ao equipo de Manu Sánchez. Xa no segundo tempo Kika redondeou o resultado cun 0-3 final que manterá ao cadro deportivista no cuarto posto unha xornada máis.

Español: Mimi; Inés, Soldevila, Dulce (Ayaka Noguchi, m. 34), Brenda, Débora (Kenny Thompson, m. 63), Anna Torrodà, Letti, Baudet, Ainhoa Marín (Julve, m. 34) y Paloma (Eli del Estal, m. 33).
Deportivo Abanca: Misa; Noelia Villegas, María Méndez, Nuria (Erika, m. 86), Cris, Iris, Maya (Alba Merino, m. 78), Kika, Athenea (Carlota Sánchez, m. 64), Peke (Michelle Romero, m. 81) y Gaby.
Goles: 0-1, m. 14: Gaby. 0-2, m. 22: Gaby. 0-3, m. 58: Kika

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2020