CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca empata a 3 coa Real Sociedade en Abegondo

Publicado o 19/02/2020 21:08

Esta tarde o Dépor feminino non foi quen de impoñerse á Real Sociedade no partido adiado do pasado decembro. No minuto 19 Peke, a mellor do partido, transformaba este penalti para adiantar as galegas. Durou pouco a ledicia. Só 2 minutos despois empataba Nahikari para a Real Sociedade.

No minuto 30, Tere Abelleira asóciase con Peke e de novo a biscaíña poñía por diante ao Dépor. Ollen como estaba de encharcado o campo. Iso fixo que Cardona empatase para as vascas no minuto 50. Pero de novo Peke, tras unha grande acción persoal de Michelle, anotaba o seu hat-trick. A 5 minutos do final, Cecilia enganchaba este zurdazo para empatar definitivamente o partido. O Dépor mantense 5º e a Real, 6ª.
 

Noticias web

19/02/2020

Máis sobre actualidade