CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca continúa facendo historia

Publicado o 03/03/2020 21:22

O Deportivo Abanca está a asinar algunhas das páxinas máis fermosas da temporada. Poucas como a desta fin de semana. O equipo acabou gañando un partido que no minuto 80 ía perdendo 3-0.

"Incrible, porque cando vimos o marcador 3-0 o único que se se escoitaba do banco era 'seguide, seguide correndo, seguide loitando ata o final', e cando facemos o 3-4 en 8 minutos, o último gol foi o caos total, a verdade é que foi felicidade absoluta", lembra Carolina Arbeláez.

Felicidade absoluta logo das bágoas inconsolables coas que rematara o partido en Barcelona.

"119 minutos contra o Barcelona creo que ningún outro equipo o lograra e menos no seu estadio. Lastimosamente fóisenos nos últimos segundos", explica a xogadora colombiana.

O Deportivo Abanca demostrou o seu carácter competitivo ante Barça e Madrid en menos dunha semana. E este equipo que nunca se rende quere máis.

"E nós seguirmos adiante porque aquí non poden rematar todos os nosos soños. Seguimos facendo historia, seguimos facendo faceñas e para iso estamos, para cousas grandes", apunta Carolina.

Noticias web

03/03/2020